Description
“Foi para min unha agradable sorpresa esta incursión da autora, ao que parece, na lingua de noso cun singular e orixinal libro en forma de álbum ilustrado que conta cunha magnífica intepretación artística da man de Leonor Beuter, exhibindo para o efecto unhas coidadas montaxes fotográficas especialmente acaídas debido ao gran formato da proposta.
O texto de Lojo vén marcado pola presenza dun lirismo, se se me permite, de inspiración cortaziana e extraordinariamente imaxinativa. Ademais, por veces, parece beber nese inmenso pozo de sabedoría expresiva e artística que foi Pablo Prestifilippo para nos adentrar nun fantástico universo poboado por diminutos seres -as seniguais- que, sen seren bruxas nin fadas, se incorporan desde xa ao noso propio imaxinario. Definidas sempre con certo distanciamento alusivo á incerteza do que poden ou non poden ser, a voz narradora vai pasando desde a descrición inicial até a súa descuberta por unha nena fisterrá, quen as bautiza e cuxa presenza constitúe un rendible nexo de unión entre o que ocorre aquén e alén o océano.
Os referentes visuais e metáfóricos cotiáns, case domésticos e, despois, a “biografía” dese único e singular “Senigual” masculino, outro inclasificable probable, condúcennos por unha historia que se se quere tamén se pode ler en clave simbólica, pero que talvez nin sexa preciso para un libro tan fermoso e singular coma este que fai unha incursión orixinal no ámbito das mitoloxías probables.”
Ramón Nicolás
Reviews
There are no reviews yet.
Only logged in customers who have purchased this product may leave a review.